Resultados de procura - Winehouse, Amy

Amy Winehouse

Amy Winehouse en concerto no North Sea Jazz Festival da Haia en xullo de 2004. Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae.

O seu álbum de debut do ano 2003 ''Frank'' foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, ''Back to Black'', levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un World Music Award e tres premios Ivor Novello; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por ''Stronger Than Me'', no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por ''Rehab'' e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por ''Love Is a Losing Game'', tamén gañou o premio Brit á Mellor Artista Feminina Británica de 2007, sendo tamén candidata ó Mellor Álbum Británico con ''Back to Black'', entre outros premios de prestixio.

Recibiu a atención dos medios de comunicación por causas alleas ó seu talento musical, fixándose na súa polémica vida persoal. O seu estilo distintivo, as tatuaxes e o peiteado beehive, os seus problemas xurídicos constantes, dependencia das drogas e mais do alcohol e as complicacións médicas polo seu comportamento autodestrutivo foron fonte de titulares dende o 2007. Morreu por intoxicación etílica o 23 de xullo de 2011 á idade de 27 anos, revelándose o motivo meses despois da súa morte, que nun principio fora asociada ás súas múltiples adiccións. O seu álbum ''Back to Black'' converteuse, postumamente e durante un tempo, no álbum máis vendido do Reino Unido no século XXI. No 2012, Amy Winehouse colocouse no posto 26 na lista das "100 mellores mulleres da música" elaborada pola VH1. A BBC denominouna como "o talento vocal preeminente da súa xeración". Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 1 Resultados de 1
Limitar resultados
  1. 1

    Back to Black por Winehouse, Amy

    Publicado 2006
    Source
    View
    Partituras Libro