Resultados de procura - Westwood, Vivienne, 1941-2022

Vivienne Westwood

Dame Vivienne Isabel Westwood, de solteira Swire, nada en Tinwistle (entón en Cheshire) o 8 de abril de 1941 e finada en Londres o 29 de decembro de 2022, foi unha deseñadora de moda e empresaria inglesa, considerada como a principal responsable da estética asociada co punk e o New Wave, que levou ao gran público.

Westwood comezou a ser coñecida cando creou deseños para a tenda de Malcolm McLaren en King's Road, que posteriormente se coñeceu como "SEX". Foi a súa habilidade para sintetizar roupa e música o que modelou a escena punk británica dos setenta, dominada polo grupo de McLaren, os Sex Pistols. Foi inspirada pola frase do punk, "ver se alguén podía poñer un raio no sistema".

Westwood abriu outras catro tendas en Londres e finalmente expandiu o negocio por todo o Reino Unido e o resto do mundo, vendendo unha gran variedade de mercadorías, algunhas delas ligadas ás súas numerosas causas políticas, como a campaña polo desarme nuclear, o cambio climático e os grupos polos dereitos civís. Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 1 Resultados de 1
Limitar resultados
  1. 1

    Vivienne Westwood : the complete collections / por Fury, Alexander

    Publicado 2021
    Outros autores: “...Westwood, Vivienne, 1941-2022...”
    Libro