Resultados de procura - Morrison, Van

Van Morrison

Sir George Ivan Morrison, OBE, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945, é un cantante e compositor e produtor de discos norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul e coñecido como "Van the Man" polos seus fans ten unha carreira musical que, polo de agora, abrangue sete décadas.

Morrison comezou a actuar cando era mozo a finais da década de 1950. Tocou unha variedade de instrumentos como guitarra, harmónica, teclados e saxofón para varias bandas irlandesas, interpretando os éxitos populares daquela época. Nese tempo, foi o saxofonista da banda chamada The Monarchs antes de se converter, a mediados da década de 1960, no cantante principal da banda de rock e R&B de Irlanda do Norte, Them, coa que conseguiu certa notoriedade e coa que gravou o clásico da bandas de garaxe "Gloria"; tema que, posteriormente foi popularizado e versioneado por The Doors, The Shadows of Knight e Patti Smith.

En 1967, comezou en Nova York a súa carreira en solitario co lanzamento dun LP, ''Blowin' Your Mind,'' producido por Bert Bens. Trala morte deste, a Warner Bros. Records comprou o contrato de Morrison e permitiulle tres sesións para gravar ''Astral Weeks'' (1968). Aínda que nun primeiro momento era un mal vendedor, o álbum pasou a ser considerado un clásico. En 1970, o novo disco, ''Moondance,'' elevou a Morrison á categoría de artista importante, e foi ao longo desa década cando construíu a súa reputación cunha feixe de álbums e actuacións en directo que foron moi aclamadas.

Gran parte da música de Morrison estrutúrase arredor das convencións da música soul e do R&B. Outra boa do seu catálogo está formada por longas viaxes musicais de inspiración espiritual que amosan a influencia da tradición celta, o jazz e a narrativa fluída da conciencia, como o álbum ''Astral Weeks''. As dúas cepas xuntas, ás veces, denomínanse "soul celta". As súas actuacións en directo foron descritas como "transcendentais" e "inspiradas", e a súa música como acadando "unha especie de transcendencia violenta".

Os álbums de Morrison tiveron un éxito importante en Irlanda e no Reino Unido, con máis de 40 que alcanzaron o top 40 do Reino Unido. Co lanzamento de ''Latest Record Project, Volume 1'', logrou os dez mellores álbums no Reino Unido en catro décadas consecutivas. Dezaoito dos seus álbums alcanzaron o top 40 dos Estados Unidos, doce deles entre 1997 e 2017. Recibiu dous premios Grammy e sete nomeamentos, o Brit Award de 1994 á súa contribución excepcional á música, o Americana Music Lifetime Achievement Award de 2017 á composición de cancións e foi incluído tanto no Rock and Roll Hall of Fame como no Songwriters Hall of Fame. En 2016, foi nomeado ''Sir'' polos servizos á industria musical e ao turismo en Irlanda do Norte. Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 1 Resultados de 1
Limitar resultados
  1. 1

    Moondance por Morrison, Van

    Publicado 1971
    Source
    View
    Partituras Libro