Resultados de procura - Hagen, Uta, 1919-2004
Uta Hagen
Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de ''Who's Afraid of Virginia Woolf?'', de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como ''Respect for Acting'', con Haskel Frankel, e ''A Challenge for the Actor''. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.
Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981. Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999. Provided by Wikipedia