Bloomsbury Publishing é unha casa editorial independente, asentada en Londres e coñecida polas súas novelas literarias. Foi designada como ''Editorial dos anos 1999 e 2000''. O crecemento de Bloomsbury durante os últimos anos é debido principalmente á serie de ''Harry Potter'' da escritora J. K. Rowling. Outros persoeiros da literatura como Patricia Highsmith ou Carlos Fuentes tamén teñen obra en Bloomsbury.
Provided by Wikipedia