Resultados de procura - Bacharach, Burt

Burt Bacharach

Burt Bacharach en 2009. Burt Freeman Bacharach, nado en Kansas City (Missouri) o 12 de maio de 1928 e finado o 8 de febreiro de 2023 nos Ánxeles, foi un compositor, produtor e letrista estadounidense. Centos das súas cancións, moitas delas en colaboración co letrista Hal David, foron populares nas listas de éxito entre as décadas dos cincuenta e dos oitenta e foron regravadas por máis de mil artistas desde entón. Obtivo os galardóns máis importantes da industria do entretemento, entre eles seis premios Grammy, dous Globos de Ouro, un premio da BAFTA, un Emmy e tres Óscar.

A súa música considérase ''easy listening'' e el mesmo foi descrito como «un compositor cun venerable nome que pode estar conectado a calquera outro prominente artista do seu tempo». Na última parte da súa carreira, algunhas das súas cancións fixeron parte de bandas sonoras de filmes moi coñecidos. Destacou como unha influencia importante para o pop orquestral e o ''shibuya-kei'' e xunto con Hal David, foi incluído pola revista ''Rolling Stone'' na súa listaxe dos «100 compositores máis grandes de todos os tempos». En 2012, ambos foron condecorados co premio Gershwin polo presidente Barack Obama polo legado das súas composicións na música. Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 1 Resultados de 1
Limitar resultados
  1. 1

    Wanting Things por Bacharach, Burt

    Publicado 1968
    Source
    View
    Partituras Libro